Goza coa

nosa proposta
O Balcón das Brañas é un atractivo espazo gastronómico reflexo da idiosincrasia compostelá. Nel combínase a oferta para o viaxeiro que ten orixe ou destino en Santiago e que busca un avituallamento rápido antes de emprender camiño ou para saciar as necesidades ao final da ruta. É a nosa oferta Veña, lume, con bocadillos, tapas ou ensaladas de elaboración caseira para quen non dispoñen de moito tempo.

A proposta Para balconear está deseñada para gozar da gastronomía con calma, unha proposta de elaboración máis complexa para quen quere gozar dun local emblemático convertido en miradoiro privilexiado ás Brañas do Sar, o Monte Gaiás e a Cidade da Cultura, unido á cidade pola moderna pasarela da Estación Intermodal. Para saborear repousadamente viños, cervexas e unha ampla selección de tapas e racións.

Carta Para Balconear O Balcón das Brañas

Rellena el siguiente formulario:


 

 

¿Tienes alguna pregunta o quieres dejar algún comentario?