Co beneplácito das autoridades, o Balcón das Brañas abriu as súas portas para que os composteláns e os viaxeiros poidan gozar da mellor terraza da Capital de Galicia, ubicada na nova Estación Intermodal de Santiago.

No acto de inauguración participaron o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, quen non dubidou en asegurar que é o mellor lugar para contemplar os «fogos do apostolo», dado que a partir de agora se proxectarán desde a Cidade da Cultura. A conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou que o nome da nova cafetería é acertado porque é unha invitación para «contemplar as brañas do Sar e a Cidade da Cultura».

A xerente de O Balcón das Brañas, Nieves Yáñez, explicou que o local inclúe unha propuesta gastronómica para balconear, un espazo chill out e a programación de actividades culturais e artísticas, ademais de prestar un servizo de calidade e áxil para esas consumicións máis rápidas que demandan as persoas que van de viaxe.

O Balcón de las Brañas, ao que se pode acceder a través da pasarela intermodal ou a través da sala de espera da estación, dispón dunha terraza exterior con vistas ás brañas del Sar, que se configura como un espazo singular con dous ambientes diferenciados. Un primeiro ambiente chill out, acondicionado con sofás, butacas e mesas baixas, separadas por xardineiras. E un segundo ambiente, constituido por mesas con catro cadeiras de tamaño estándar.

A nosa filosofía é o gusto por gozar da gastronomía baseada en produtos galegos nun entorno de natureza singular, nun balcón aberto de par en par ás brañas do Sar, para procurar momentos de ocio animados tamén ás veces por actividades de carácter cultural. É dicir, practicar unha nova cultura de balconeo, saudable e creativa.

Rellena el siguiente formulario:


 

 

¿Tienes alguna pregunta o quieres dejar algún comentario?