O Balcón das Brañas, a cafetería da nova estación intermodal de Santiago de Compostela está preparada xa para atender a viaxeiros e á cidadanía compostelá que desexe gozar dun local que ofrece unha ampla terraza aberta ás brañas do Sar e vistas á Cidade da Cultura.
Dispón dunha terraza exterior con vistas ás brañas do Sar, que se configura como un espazo singular con dous ambientes diferenciados. Un primeiro ambiente chill out, acondicionado con sofás, butacas e mesas baixas, separadas por xardineiras. E un segundo ambiente, constituido por mesas con cuatro cadeiras de tamaño estándar. É un balcón aberto de par en par ás brañas do Sar, para procurar momentos de ocio animados tamén ás veces por actividades de carácter cultural. É dicir, practicar unha nova cultura de balconeo, saudable e creativa.
Unha oferta de ocio gastronómico diferenciada, baseada na calidade dos produtos galegos, co valor engadido de ir acompañada en ocasións por actuacións musicais, exposicións e outras expresións artísticas. Unha oportunidade para desfrutar con calma da mellor terraza de Santiago de Compostela.
Recent Comments