En máis de 20 anos de traxectoria consolidamos unha sólida presenza en Santiago de Compostela. Ademais do Balcón das Brañas, o café bar da nova Estación Intermodal, xestionamos as cafeterías de varias facultades da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a cafetería do Hospital Clínico (Urxencias).
A experiencia de Beach Solpor tamén inclúe a xestión de proxectos gastronómicos como o Club Náutico de Portosín, a cervexaría Solpor de Noia, o restaurante-hotel Almar de Sanxenxo ou chiringuitos en praias como as do Grove, Baiona, Nigrán ou A Lanzada.
Javier Iglesias
Director xeral
Nieves Yáñez
Xerente
Gabriel Ferreiro
Xefe de Cociña
Solpor USC
Solpor Clínico Santiago
O Balcón das Brañas
Somos un sopro de aire fresco para a comunidade universitaria da USC que busca unha solución áxil para as súas comidas, pero tamén moi saudable.
Por que conformarse con bocadillos con pouca graza, comidas rápidas ou ensaladas de bolsa?
Os nosos pratos recuperan o sabor da comida caseira, pero con toda a variedade imaxinable. Ensaladas frescas, caldo, arroces, pescado… a prezos imbatibles.
Oferta variada e completa. Menús distintos para cada día da semana nas cafeterías que xestionamos nestas facultades da USC:
• ETSE: Avenida Lope Gómez de Marzoa. Campus Sur.
• Filoloxía: Avenida Castelao. Campus Norte.
• Humanidades: Campus de Lugo.
O noso obxectivo é ofrecer un servizo de calidade, nun ambiente apracible e reconfortante, que faga máis levadía a espera ás persoas que acompañan a pacientes, nesas horas que sempre parecen eternas.
Tamén é unha opción moi atractiva para balconear, unha proposta para gozar con calma, en modo relax da proposta gastronómica no espazo chillout, cunha ampla terraza, que convida a asomarse ao noso balcón con vistas ás Brañas do Sar, coa súa variada vexetación, e a Cidade da Cultura na cima do outeiro do Monte Gaiás.
Un espazo conectado a cidade mediante a pasarela da moderna Estación Intermodal de Santiago e que permitirá gozar de eventos culturais (música, arte, etc,) ao longo do tempo.
Porque talvez, a vida, a intres, sexa sinxelamente balconear…